I Duatlón das Letras en Baio

I Duatlón das Letras en Baio

Co motivo da celebración do primeiro duatlón cros que imos a celebrar na nosa vila, en Baio, considerada como a Porta Grande da Costa da Morte. Será o venres 17 de Maio, Día das Letras Galegas, día que aproveitamos para mesturar deporte e cultura, facéndolle unha homenaxe a Labarta Pose, oriúndo de Baio.

Haberá competición individual e por parellas, así como unha andaina e carreiras infantís. 

A Carballeira de Baio é unha das poucas que quedan, con máis de cen carballos rodeados de río, e gustaríanos, que viñérades a disfrutala.

O feito de que este ano coincida o Día das Letras Galegas en venres, pode ser unha boa opción para coñecer, ou volver a acercarse á Costa da Morte durante a fin de semana.

Na seguinte dirección encontraredes toda a información da proba.

https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/index.php?id=8929&iframe=0&lang=es

https://www.facebook.com/pages/category/Sports/Duatlon-das-Letras-Baio-2263200330406151/

Na páxina de Facebook iremos poñendo máis información, para calquera dúbida ou axuda que se precise.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.