Correndo x Ourense 2019

Correndo x Ourense 2019

 

O IX Circuito de Carreiras Correndo por Ourense  abriu xa o período de inscripcions, consta de seis probas, dende o mes de maio ata octubro deste ano. A nosa entidade colabora na proba da Ponte.

Na páxina web de Champion Chip pódese consultar tódala documentación sobre o Circuito.

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o VIII Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

 Data e Lugar
O Circuito “Correndo por Ourense” está integrado por 6 carreiras:

1ª DOMINGO 05/05/2019   CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO 25/05/2019      CARREIRA DO COUTO  (nocturna)
3ª DOMINGO 30/06/2019  CARREIRA DO CENTRO
4ª DOMINGO 08/09/2019  CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
5ª DOMINGO 29/09/2019  CARREIRA DA PONTE
6ª DOMINGO 20/10/2019   CARREIRA DA CARBALLEIRA

Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense). É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

As categorías son as seguintes:
PITUFOS 2012 E POSTERIORES
Sub-10    2010 / 2011
Sub-12     2008 / 2009
Sub-14     2006 / 2007
Sub-16     2004 / 2005
Sub-18     2002 / 2003
Sub-20     1999 / 2000
Sub-23      1997/ 1998 / 1999
SENIOR 1996  ATA Máster
Máster A DE 35 A 44 anos
Máster B DE 45 A 54 anos
Máster C DE 55 A 64 anos
Máster D MAIORES DE 65

Absoluta

 

Reglamento         Inscripción     

As inscricións realizaranse no enlace anterior, facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
O prazo para inscribirse no Circuíto para todos os participantes comezou o día 20 de Marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.

A inscrición para a primeira carreira do circuíto na que se inscriba ten un custe de 7€ para as categorías sub18, sub-20, sub-23, senior e máster, para as demais categorías será gratuíta. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

A inscrición e o dorsal serán únicos para todo o Circuíto, por tanto, o atleta debe conservar o dorsal en boas condicións. Deste xeito os atletas inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes.

A recollida presencial dos chips e dorsais realizarase o sábado 4 de maio de 2019 no Pavillón dos Remedios de 10:00h. a 20:00h. Con carácter extraordinario poderase recoller na secretaría da primeira competición na que participe dende 90 minutos ata 30 minutos antes de que empece a primeira proba.

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.