Campionato Galego de Campo a Través «Xogade»

Campionato Galego de Campo a Través «Xogade»

O próximo día 16 de febreiro en xornada de mañá, no complexo deportivo de Monterrey, vaise desputar o Campionato Galego de Campo a Través «Xogade».

As regras que rixen para iste campionato serán as seguintes:

Nas categorías Alevín, Infantil e cadete , poderán tomar parte en cada unha das probas, os DOUS PRIMEIROS EQUIPOS clasificados de cada provincia e os OITO PRIMEIROS ATLETAS, se non forman parte dos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado os atletas que chegaran a partir do 8º clasificado.
Cada Equipo estará formado por un mínimo de catro e un máximo de seis atletas.

En calquera momento poderáse solicitar a IDENTIFICACION dos participantes. Polo tanto, os delegados de cada clube deberán portar o día da proba o listado da identificación dos atletas dos que sexan responsables, así como os participantes ir identificados con DNI ou
carnet XOGADE. Tódolos participantes deben presentarse portando a camiseta do seu clube.

As inscricións deberán facerse no sistema online da RFEA como prazo máximo as 20:00 horas do martes 12 de febreiro.

 

Inscritos  Horario 

 

 

Coma van sendo habitual haberá un servicio de autocar XOGADE para este sábado ao Complexo Deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar). Hora de saída as 10:00 PAVILLON OS REMEDIOS con volta as  14:15 MONTERREI 

 


No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.