El O.A. presente en el Cpto de España de Cross.

El O.A. presente en el Cpto de España de Cross.

No día de hoxe dúas son as probas que nos obrigaron a estar espectantes. A primeira das probas que abriu esta xornada foi o XXIII Memorial Alejando Lorenzo, proba reservada as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 arrincou as 10:30 horas da mañá. Nesta edición, preto de 500 atletas chegados de tódalas partes da nosa comunidade competiron sobre distancias que foron dende os 800 mts. ata os 2.500 mts segundo a súa categoría. A pesar das numerosas baixas, sobre todo nos equipos alevins, debemos destacar o enorme esforzo feito polos nosos atletas que acudiron a esta cita. 

Iria Solera sub12 y Sheila Varela sub10 foron as atletas máis destacadas de forma individual neste Memorial, sendo 5ª e 6º respectivamente.

O equipo que acadaba o mellor resultado das categorías menores era o sub10 femenino, convertindose no campión galego desta disciplina. Iste equipo estivo formado por Sheila Varela 6ª, Julia Gago 10ª, Lucía Quintas 18ª, Carla Nieto 20ª e Aricia García 30ª.

De seguido daráse paso sobre as 12:05 horas, ó Campionato de Galicia Sub16 e Sub18 individual e por equipos. Nesta proba debemos felicitar o equipo sub16 femenino quen se proclamaría campión galego e por tanto posue o acceso directo para participar no Campionato de España de clubs que se vai celebrar en Xaén o vindeiro 24 do mes que ven. As integrantes diste equipo que puntuaron para obter a clasificación foron Mar Díaz 5ª, Anxela Seoane 6ª , Martina Colmenero 9º, Clara Mijangos 17ª.

Os equipos sub18 e sub16 de homes neste campionato estiveron a piques de obter a tan preciada praza quedando as portas o ser terceiros clasificados.

Individualmente debemos destacar o papel desenvolto por dous sub18 o de Branca Fernández quen foi 2ª clasificada, obtendo tamén o pase directo o Campionato de España e por Said Abdoun 5º.

Resultados sub18-sub16  Resultados Memorial    Fotos y Videos Javier V.    Fotos Alberto Díaz Memorial    Fotos Alberto Díaz Cpto.       

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.