IV Trofeo de Atletismo Mazí – Cidade de Vilagarcía

A Agrupación Atlética Mazí de Vilagarcía de Arousa organiza o próximo día 9 de febreiro o 4º Trofeo de Atletismo en Pista. As probas comezarán ás 9:45h e son para categorías menores.  As inscricións faranse a través do sistema online da web de RFEA ata as 23:59 horas do luns 4.
Existe unha limitación de probas: cada atleta só poderá participar en 2 probas e máis o relevo seguindo esta limitación (1 carreira + 1 concurso).