II Copa de Galicia de Clubs Máster en Pista Cuberta

II Copa de Galicia de Clubs Máster en Pista Cuberta

A F.G.A organiza a IIª Copa de Galicia de Clubs Máster en Pista Cuberta o día 2 de febreiro, na pista do Pazo dos Deportes da Coruña. Poderán intervir un total de 8 clubs, masculinos e femininos, que sairán dos oito clubs, masculinos e femininos, que mellor puntuación obteñan mediante estadillo de marcas da tempada 2017/2018 e da tempada 2018 e 2019 (ata o 3 de febreiro) dos atletas (aínda que no ano 2018 pertenceran a outro club) con licenza por ese club nas probas individuais nas que se disputa a competición(valerá tamén o 5000 polo 3000, o 100 polo 60 e   o 100 ve 110 polo 60v) e as marcas realizadas en pista cuberta, pola táboa de puntuación da WMA aire libre. O estadillo debe ser presentado na intranet como data límite o día 28 de xaneiro ás 20:00h.
Cada club poderá presentar un atleta (ou equipo) por proba podendo participar cada atleta en dúas probas individuais ou unha proba individual e un relevo.
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.