LXXXIV Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs

LXXXIV Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs

A Federación Galega de Atletismo e o Concello de As Pontes organizan o LXXXIV Campionato de Galicia Absoluto, Sub23 e Sub20 de campo a través individual e por equipos masculino e o LII Campionato de Galicia Absoluto, Sub23 e Sub20 individual e por equipos feminino o 3 de febreiro en As Pontes.
Para o Campionato, a título individual, realizaranse as seguintes clasificacións: Absoluta, sub23 e sub 20 tanto en homes coma mulleres.
E para a clasificación por equipos utilizaranse as seguintes categorías: Sénior Sub23 e Sub20 tanto en homes coma mulleres.
Realizarase unha clasificación individual e outra por equipos en cada unha das categorías, e unha clasificación absoluta a nivel individual.
Para poder puntuar por equipos cada Club deberá clasificar a 4 corredores/as que formen o equipo, agás das categorías Sub20 e Sub23 feminino que será de 3.
Cada club terá dereito a formar un só equipo por cada categoría e sexo.
As inscricións realizaranse a través do sistema on line na web da R.F.E.A, como data límite o martes 29de xaneiro ás 20:00 horas.
 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.