A Rúa epicentro do Cross Galego

A Rúa epicentro do Cross Galego

XIV CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 E XLVII CAMPIONATO DE GALICIA SUB18 DE CAMPO A TRAVES INDIVIDUAL E POR EQUIPOS.
 
A Federación Galega de Atletismo organiza o XIV Campionato de Galicia sub16 e o XLVII Campionato de Galicia Sub18 individual e por equipos de campo a través o domingo 27 de xaneiro na localidade de A Rúa.
Para a clasificación por equipos teranse en conta os/as seis primeiros/as atletas que cheguen á meta e sumaranse os postos dos/as catro primeiros/as.
Cada club terá dereito a formar un só equipo por cada categoría e sexo. As inscricións realizaranse a través do sistema on line na web da R.F.E.A, como data límite o 22 de Xaneiro ás 20:00 horas.
 
 
 
XXIII MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO–CAMPIONATO DE GALICIADE CATEGORÍAS MENORES.
 
O Memorial está destinado ás seguintes categorías: Sub10, Sub12 e Sub14 homes e mulleres. 
Realizarase unha clasificación individual e outra por equipos en cada unha das categorías, tanto en homes como mulleres. Para a clasificación por equipos terase en conta os/as seis primeiros atletas que cheguen á meta e sumaranse os postos dos/as catro primeiros/as. Cada club terá dereito a formar un só equipo por cada categoría e sexo. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da R.F.E.A, ata as 20:00 horas do martes 22de Xaneiro.

 

Reglamento    Inscritos

 

 I CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS MIXTO POR RELEVOS.

O relevo mixto compoñerase de 2 homes e 2 mulleres; atletas Sub20 ou superiores, máximo 1 atleta extranxeiro, máximo 1 atleta do club filial. A orde de participación será muller, home, muller e home. Cada corredor/a dará unha volta (aprox. 2000 mts) ata completar o equipo un total 4 voltas.

As inscricións realizaranse a través do sistema on line na web da R.F.E.A, como data límite o martes 22 de xaneiro ás 20:00horas.

Reglamento    Inscritos    Sorteo caixons 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.