FINAL COMARCAL DE CAMPO A TRAVES «Xogade».

FINAL COMARCAL DE CAMPO A TRAVES «Xogade».

O vindeiro sábado 20 de xaneiro en horario de mañá e nas pista de Monterrey vaise disputar a Fase Comarcal do programa «Xogade».

Estableceranse dúas clasificacións:
Individual. Segundo a orde de entrada na meta.
Por equipos. Apuntuación dos equipos resultará da suma dos puntos obtidos polos 4 (benxamín,alevín,infantil) ou 3 (cadete) atletas mellor clasificados de cada equipo, e gañará o equipo que menos puntos sume. No caso de producirse un empate entre 2 ou máis equipos,resolverase a favor do equipo no que obtivese a mellor clasificación o último dos seus corredores que puntúe. Aqueles equipos que non cheguen á meta cos 4 ou, se é o caso, 3 atletas dos que puntúan, non puntuarán como equipo. Farase unha clasificación só cos atletas (6máximo) dos equipos que entren na meta co mínimo esixido para clasificar. Cada comité provincial organizará nas distintas comarcas ou zonas as probas previas necesarias en cada caso para obter os clasificados que competirán no campionato provincial.
Agás na fase comarcal, os equipos estarán formados por 6 atletas, como máximo, dos que puntuarán os 4 primeiros na categoría benxamín,alevín e infantil, e 3 na categoría cadete. Os membros de cada equipo en cada unha das fases para as que se clasifiquen non terán que ser necesariamente os mesmos.
Para o Campionato Provincial, que será clasificatorio para o Campionato Galego, clasificaranse os 2 mellores equipos de cada fase zonal(intercomarcal), así coma os 8 primeiros atletas clasificados de xeito individual que non estean incluídos nos equipos clasificados. En ningún caso se cubrirá o posto de invitado cos atletas que chegasen a partir do 8ºclasificado.
 
 
 
A Secretaría Xeral para o Deporte pon a disposición dos atletas un servicio de autobús que saira as 10:00 do Pavillon dos Remedios e terá a súa volta as 13:30 do complexo deportivo de MONTERREI.
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.