Campeonato Gallego de Marcha.

Campeonato Gallego de Marcha.

XXX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA

A Federación Galega de Atletismo e o Concello de A Pobra organizan o XXX Campionato de Galicia de Marcha en ruta que terá lugar en A Pobra o vindeiro sábado día 19 de xaneiro. As inscricións do Campionato realizaranse a través do sistema on line na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 15 de xaneiro. Os/as atletas participantes, deberán pasar por cámara de chamadas con identificación que estará aberta entre media hora e un cuarto de hora antes da hora de saída da proba.
 
 

I TROFEO BARBANZA DE ATLETISMO EN RUTA

O sábado 19 de xaneiro no Concello da Pobra do Caramiñal disputarse o I TROFEO Barbanza de atletismo en Ruta 2019. As probas do trofeo consistirán en carreiras (non marcha) de distancias de 1, 2 e 3km respectivamente e poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo como populares non federados/as.
As inscricións do I Trofeo realizaranse on line a través da páxina webwww.carreirasgalegas.com: Os prezos de inscrición serán os seguintes:
De prebenxamín a sub 16 GRATUITO.
De Sub 18-20 a máster3 €.
O prazo de inscrición do Trofeo permanecerá aberto ata  o xoves 17 de xaneiro ás 23:59horas.
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.