XV Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta

XV Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta

A Federación Galega de Atletismo organiza a XV Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta o día 13 de Xaneiro, nas pistas de atletismo de
Expourense.
Poderán intervir un total de 8 clubs, masculinos e femininos, estando convidados de forma directa os catro primeiros clasificados masculinos e femininos, respectivamente, do Campionato de Galicia de Clubs ó aire libre da pasada tempada. Así como os catro clubs, masculinos e femininos, que mellor puntuación obteñan mediante estadillo.
O estadillo conformarase cun atleta por proba e cada atleta poderá puntuar nunha soa proba, realizándose o estadillo a través da intranet da RFEA como data límite o día 2 de xaneiro.
As probas que se disputarán serán as seguintes:
Homes e mulleres: 60, 200, 400, 800, 1.500, 3.000, 60v, altura, pértega, lonxitude, triplo, peso e relevo (4v, 3v, 2v e 1v).
Cada club poderá presentar un atleta (ou equipo) por proba podendo
participar cada atleta nunha soa proba e un relevo. Os equipos deben cubrir un mínimo de 11 postos na competición.
As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA
antes das 20:00 horas do mércores 9 de xaneiro.
 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.