V Campionato de Galicia de Clubs Probas Combinadas en P. C.

V Campionato de Galicia de Clubs Probas Combinadas en P. C.

A Federación Galega de Atletismo organiza o Vº Campionato de Galicia de Clubs de probas combinadas, na pista cuberta de Expourense de Ourense. Poderán intervir todos aqueles atletas das categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub23 e Senior.
No Campionato de Galicia de Clubs de probas combinadas poderán participar todos aqueles equipos masculinos ou femeninos que inscribiron un mínimo de 3 atletas de cada sexo. Os atletas que non formen equipo poderán participar se están situados entre os 3 primeiros do ranking galego da tempada pasada. A puntución farase, puntuando 3 atletas independentemente da súa categoría dende sub16 ata absolutos. Os clubs que non terminen con 3 atletas non puntuarán.
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.