LAS SUB12 CAMPEONAS.

LAS SUB12 CAMPEONAS.

Esta fin de semana na Pista Cuberta de Ourense duas importantes citas deronse cita. O sábado foi a quenda das categorías menores onde un total de 48 equipos e preto de 800 atletas foron quen de acadar a chegada a esta Fase Final.   Tratabase dunha competición que se desenvolveu en dobre xornada dando comezo a primera delas as 10:30 h. ca participación dos equipos Sub10 e Sub12,  para ser a partir das 17:00 horas o turno dos Sub14 .

Un dos momentos máis emotivo sen lugar a dúbidas foi cando no centro da pista tódolos asistentes agardaron un minuto de silencio como repulsa os crimenes da violencia machistas baixo o lema de “Vivir e correr sen medo”

Noutro orden de cousas e falando xa de resultados:

Por equipos:

  • os sub10 homes lograban acabar a 4ª posición con 102 puntos a tan só dous puntos do terceiro clasificado, na mentres as sub 10 mulleres acadaban a 5º posición na clasificación xeral con 101 puntos a tan só 3 puntos das terceiras.
  • os sub12 homes acadaron a 2ª posición con 120 puntos e as mulleres logo do reconto final acadaban a 1º posición con 129 puntos e convertían o equipo en campión na súa categoría desta VI Liga ABANCA.

Por actuacions individuais:

Nas categorias sub10 destacar @s atletas Aroa Ruano vencedora na proba de lanzamento e que destrozou o anterior récord da súa categoría (6.22 mts). Hugo Salgado no salto de lonxitude (1º) e Xiana Ortega nos 50 mts lisos (3ª).

Nas categorías sub12  cumpre destacar as actuacions de Iria Solera nos 1.000 mts onde rebaixaba o récord actual e a súa marca persoal situando o novo rexistro en  03:38.70, detacable tamén na mesma proba a actuación de Fernando Trapote que a piques estivo de facer o mesmo.

Noraboa a tódol@s participantes dos equipos clasificados sen os que estes resultados non serían posibles e en especial as CAMPEONAS SUB-12 FEMENINAS.

 

Resultados sub-10  Resultados sub12 Fotos sub10 /12 Alberto Díaz    Fotos sub14 Alberto Díaz

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.