23 Feb SETE MEDALLAS NO GALEGO SUB16
O Sanysec – Ourense Atletismo fixo mostra de boa saúde deportiva ao conquistar sete medallas no Campionato de Galicia Sub16 Short Track. Con 31 participacións no campionato, centrámonos nas medallas conseguidas, malia que o número de boas actuacións e marcas persoais é destacado, o que demostra o gran traballo que se está a realizar nunha categoría clave para o desenvolvemento atlético.
Ouros:
– Ángel Araújo Noriega: salto de altura, 1.74
– Mario Casal Carbajosa: peso 4kg, 13.94
– Marco Pereira Fernández: pértega, 2.91
Prata:
– Lucía Quintas García: salto de altura, 1.55
– Naia Bermejo Quintáns: pértega, 2.65
Bronce:
– Naia Bermejo Quintáns: lonxitude, 4.87
– Lucía Quintas Sousa: 60 valos, 9.69
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Sorry, the comment form is closed at this time.