26 Ene DOUS OUROS NO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA
A localidade de Marín viu celebrarse o XXXVII Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta, onde participaron as nosas atletas Icía Ares e María Grande. Ambas quedaron campioas galegas na súa categoría.
No caso de Icía, foi a gañadora sub20 e prata absoluta ao facer os 10K en 50:07. María percorreu a mesma distancia en 01:03:06, rematando na 20ª posición absoluta e gañando na categoría F50.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Sorry, the comment form is closed at this time.