CAMPIONATOS AUTONÓMICOS FÓRA DE GALICIA

Ademáis da participación do club esta fin de semana no Campionato Galego de Marcha en Ruta, o Campionato Galego Sub23 ST e dos Campionatos Galegos de Cros Máster e Sub10, Sub12 e Sub14, tivemos participación con medallistas en dous campionatos autonómicos máis: o Campionato de Andalucía 10K Marcha e o Campionato de Madrid Sub23 de PC.

En Madrid, Daniela Rubio foi campioa sub23 de triple con 11.88.

África Carrasco obtivo a segunda praza Sub20 en Cto. de Andalucía de 10km marcha en ruta con 52:47, establecendo unha nova mellor marca persoal.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campeonato de Madrid Sub 23

Campeonato de Andalucía de Marcha en Ruta

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.