ICÍA ARES RÉCORD DO CAMPIONATO IBEROAMERICANO

Icía Ares venceu a proba dos 5.000 metros marcha ao grande, establecendo un novo récord do Campionato Iberoamericano Sub18.

Na cidade paraguaia de Luque competiu a atleta do Club Ourense Atletismo, partindo coa sexta mellor marca das inscritas con 25:15.30. Unha espectacular carreira na que baixou máis dun minuto a súa marca persoal para deixala en 23:27.46 permitiulle facerse co ouro e co récord do campionato. Foi un final axustado, posto que a colombiana Danna Valentina Rivera terminou segunda en 23:44.83 e e a mexicana Naomi Luis foi terceira con 23:45.03.

Falta agora por ver a acutación de Sabela Castelo, que será o domingo á tarde.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato Iberoamericano sub18

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.