GALEGO DE COMBINADAS ABSOLUTO E SUB18

Tres atletas do Ourense Atletismo participaron no Campionato Galego de Combinadas Absoluto e Sub18 celebrado en Lugo. Sen ser unha especialidade na que teñamos moita tradición, este ano competimos con tres atletas e a nosa presenza en combinadas vaise consolidando.

Mauro Gómez quedou sétimo no decathlon xuvenil cunha puntuación de 3802 puntos. Os tres nulos no peso lastraron a súa actuación, coa que non quedou lonxe da sétima praza. A proba na que quedou mellor situado foi o lanzamento de disco, cun mellor lanzamento de 32.89 que lle permitiu quedar terceiro.

No heptathlon sub18 Zaira Rodríguez quedou cuarta con 2870. O seu campionato foi moi regular, quedando principalmente nas terceiras e cuartas posicións de cada proba. As excepcións foron os 100 metros valos, onde rematou quinta con 19.35 e o salto de lonxitude, onde obtivo o seu mellor posto, ao ser segunda con 4.47.

En categoría absoluta competiu Andrea Reija, que non puido rematar o campionato por lesión, sen poder iniciar a segunda xornada. Unha mágoa, xa que gañara todas as probas ata o momento.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CTO. XUNTA GALICIA COMBINADAS ABS. e SUB18

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.