TRES MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA MASTER

Campionato de España Máster celebrado en La Nucía deixou tres medallas para o Ourense Atletismo, sendo dúas delas obtidas por Cristina Ferrándiz e unha por Ana Revuelta. Ademais, Alejandro López rematou na cuarta posición na súa proba.

Cristina Ferrándiz conseguiu a prata nos 100 metros F35 cunha marca de 13.01 na final, despois de clasificarse con 13.06 en semifinais. Nos 200 metros obtivo o bronce cun rexistro de 27.03 na final directa.

Ana Revuelta venceu no disco (1kg) F35 cun mellor lanzamento de 32.10 metros. O seu concurso foi moi regular, cun só lanzamento por debaixo dos 30 metros.

Alejandro López, nos 3.000 obstáculos M40 fixo unha moi boa carreira, parando o crono en 10:18.61. O bronce quedou a escasos segundos, posto que Sergio Pardo, do Atletismo San Sebastián, rematou en 10:15.04.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España Master Aire Libre

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.