OS MÁIS CATIVOS COMPITEN EN BALAÍDOS

Os máis cativos do club competiron na pista de Balaídos nos Campionatos de Galicia sub10 e sub12 de clubs.

En categoría sub12 os nenos remataron en 11ª posición con 61 puntos e as nenas foron sextas con 62.

Só se obtivo o primpeiro posto de Ada Cecila Outeiriño no salto de lonxitude, cun mellor salto de 3.83 metros. Cuartas posicións logaron Álex Cid nos 500 metros con 1:33.09 e Rodrigo Cordero nos 60 metros con 9.35. Tamén cerca do podio quedaron Marta Domínguez en altura con 1.23, Saúl Rubín nos 2.000 marcha con 13:50.62 con sendas quintas prazas.

En sub10 o equipo masculino foi terceiro, igualando os puntos co primeiro e que segundo clasificado, posto que terminariamos Pinarium, Mallaraio e Ourense Atletismo con 53 puntos.

Venceron Martín Gómez os 50 metros lisos con 8.01 e Maeloc Barreiro en lonxitude con 3.83. Enzo Blanco obtivo a segunda posición con 1:37.89. Alejandro Cid foi terceiro no 1.000 con 3:42.40, así como Luca Mazaira en pelota (200 gr.) con 23.02 e Antón Braña do filial Xuncas nos 1.000 marcha con 7:44.37.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

XIII CTO. XUNTA DE GALICIA DE CLUBS SUB 10

XIII CTO. XUNTA DE GALICIA DE CLUBS SUB 12

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.