
24 Abr TRES MEDALLAS NO GALEGO DE 10.000 E 5.000
O Ourense Atletismo logrou un total de tres medallas no Campionato Galego de 10.000 absoluto, máster e sub13 e de 5.000 sub20 e sub18. Resultados positivos para o club na pista universitaria de Santiago de Compostela.
Os resultados dos nosos atletas foron os seguintes:
10.000 masculino:
Martín Míguez 7º absoluto con 33:16.08
Pablo Losada segundo M35 e 16º absoluto con 36:58.40
Saturnino González ouro M60 e 20º absoluto con 37:59.40
Miguel Ángel Álvarez non puido rematar a carreira
10.000 feminino:
Itzíar Manso ouro absoluto con 36:33.82
5.000 feminino:
Sabela Castelo segunda sub18 con 17:10.40
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.