
10 Feb TRES MEDALLAS NO GALEGO SUB16 DE LANZAMENTOS LONGOS
No Campionato de Galicia sub16 de lanzamentos longos, celebrado ao día seguinte do sub20 e sub18, o Ourense Atletismo logrou un total de tres medallas coa participación de dous atletas.
Ata o Barco de Valdeorras desprazáronse Uxía Nogueira e Mario Casal, quenes obtiveron o seguinte resultado:
– Uxia Nogueira Campo, ouro en disco (800gr) con 30.24 e ademais mellor marca persoal, e bronce en martelo (3 kg) con 20.64.
– Mario Casal Carbajosa, ouro en martelo (4kg) con 37.08 e quinto en disco (1 kg) con 32.51.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.