TRES MEDALLAS NO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Ata a Pobra do Caramiñal desprazáronse os atletas do Club Ourense Atletismo para disputar o Campionato Galego de marcha en ruta. Os resultados foron magníficos, con dous ouros e unha prata:

Icía Ares Betanzos, ouro SUB-18.
Maria Dolores Delgado Paredes, prata MASTER 45.
Maria Herminia Grande Outomuro, ouro MASTER 50.
Mateo Jian Blanco Fernández, sexto SUB-14.

Martín Patiño, por desgraza, foi descalificado na proba sub16 por acumular catro flexións de xeonllo.

Podes consultar os resultados en directo na seguinte ligazón:

XXXVI Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.