NOVE MEDALLAS E UN RÉCORD GALEGO NOS LANZAMENTOS LONGOS

Disputouse o día 8 o Campionato Galego sub18-sub20 de lanzamentos longos de inverno na vila de Ordes.

O Ourense Altletismo obtivo un total de nove medallas e un récord galego.

Hugo Casañas, ouro sub18 en disco con 58.51 (gécord galego).
Javier Cid, ouro Sub18 en martelo con 55.53.
Aitana Capeáns, ouro en disco Sub18 con 38.18 MMP.
Hugo Nóvoa, prata en disco Sub18 con 40.64 MMP e prata en martelo con 47.56 MMP.
Manuel Eirín, bronce en xavelina sub18 con 39.73.
Antía Calvo, bronce en xavelina sub18 con 32.67 MMP.
Irene Conde, bronce en martelo sub18 con 40.83 MMP e 7ª en disco.
Daniel Villanueva, prata en martelo sub20 con 48.65 MMT.

IX CTO. GALICIA LANZAMENTOS LONGOS SUB20

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.