ICÍA ARES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS

ICÍA ARES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS

Pontevedra acolleu o Campionato de España de Federacións sub18, no que Icía Ares representou a Galicia. Tamén acudiu Laura Freire coma suplente.

Icía Ares logrou a oitava posición no 5.000 marcha cunha marca de 25:40.20. A atleta venceulle o pulso á balear Alba García, quen quedou 15 segundos por detrás. A velocista Laura Freire acudiu coma suplente, sen que fose finalmente necesaria a súa participación en competición.

Ambas colaboraron para que Galicia obtivese o cuarto posto na clasificación final.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

X CAMPEONATO DE ESPAÑA FEDERACIONES AUTONÓMICAS SUB18

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.