BLANCA PEREIRA CAMPIOA GALEGA

Alba Martínez e o relevo 4 x 4 feminino tamén foron medalla

No Campionato Galego Absoluto celebrado en Vigo desfrutamos dunha nova vitoria de Blanca Pereira no lanzamento de martelo cun mellor lanzamento de 54.21 co artefactod e 4 kilos. Tivo un bo concurso con lanzamentos de distancias situadas entre os 51.00 do primeiro e os 54.21 do cuarto. O campionato foi de gran nivel, xa que a segunda posición ocupouna Aixa Corbacho cun mellor lanzamento de 52.49.

O relevo 4×400 feminino obtivo a medalla de prata ao parar o crono en 4:08.88. O relevo estaba composto por Paula LópezNaroa PereiraNoa ReyAroa Muñoz. As catro atletas lograron unha cómoda segunda praza entre o Ría Ferrol e o Atletismo Feminino Celta.

De volta ás probas individuais, Alba Martínez Iglesias obtivo a medalla de bronce en triplo, cun mellor salto de 12.11. A proba foi axustadísima, coa vitoria de Alba Cuns cunha marca de 12.17, segundo posto para Marina Artemia con 12.13, o terceiro de Alba e o cuarto posto para Uxía Paz con 12.00.

O campionato absoluto disputouse conxuntamente co Campionato Galego sub23. Nesta categoría obtivemos catro medallas.

Iago Saco fixo dobrete ao conquistar o terceiro posto nos 200 con 22.86 e o segundo nos 400 con 51.09.

Martín Míguez obtivo a medalla de prata no 800 cunha marca de 1:56.33

Nayeli Iglesias tamén fixo dobrete ao obter dúas medallas de prata: nos 100 lisos correu en 13.05 e no triplo saltou ata os 10.15.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

89º Campionato Xunta de Galicia absoluto & 34º sub-23

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.