O OURENSE ATLETISMO COS MÁIS CATIVOS

O OURENSE ATLETISMO COS MÁIS CATIVOS

Ourense Atletismo participous nos campionatos de clubs dos máis cativos, os sub10 e sub12. Nunha data complicada pola existencia dunha ponte, o noso club enviou a representantes en tódalas categorías, se ben nos homes non puido puntuar coma club ao non alcanzar o número suficiente de participantes. Ainda así, foi unha magnífica experiencia de compañeirismo e aprendizaxe entre todos os participantes.

Na categoría sub10 destacar as vitorias de Álex Cid nos 500 metros con 1:39.84 e India Alonso tamén nos 500 con 1:48.19, así coma o segundo posto de Ada Outeiriño na lonxitude con 3.17 e o terceiro posto de Valeria García en lanzamento de pelota con 14.68. As nenas conseguiron a sétima posición na clasificación por clubs.

En sub12 destacar a vitoria de Érik González nos 60 con 9.23, quen foi a única persoa que terminou entre as tres primeiras posicións. Ainda así, quenes completaron equipo foron as rapazas, as que terminaron en 15ª posición.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazón:

Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub-10

Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub-12

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.