10 Jun Campeonato Gallego Máster
Posted at 19:22h
in
Noticias
by clubourense
![](https://clubourenseatletismo.es/blog/wp-content/uploads/2018/05/MARCA-GRAFICA-PRINCIPAL-AIRE-LIBRE-1024x1024.jpg)
A F.G.A. organiza o día 16 de xuño o Campionato de Galicia Máster de pista ao aire libre en Pontevedra, en xornada de mañá e tarde no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Poderán intervir todos aqueles atletas da citada categoría que teñan cumpridos o día da competición 35 ou máis anos. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 12 de xuño.
Lémbrase a obrigatoriedade de especificar a data e lugar da marca nas inscricións.
Sorry, the comment form is closed at this time.