28 Mar Próximas Probas.
Os días 7 e 8 de Abril terá lugar o IV Campionato de Galicia de clubs de probas combinadas (sub16 ata absoluto) e o XIV Campionato de Galicia Máster de probas combinadas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra). O evento está organizado pola Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación en Pontevedra. Poderán participar todos aqueles equipos masculinos ou femeninos que inscriban un mínimo de 3 atletas en cada sexo. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 3 de abril.
O sábado no Barco de Valdeorras vaise facer un control de marcas para as categorías de Sub-16 en diante. As inscripcións faranse na pagina web da RFEA ata as 23:00 horas do mércores 04 de abril.
Xa na xornada do domingo a Federación Galega de Atetismo, organiza o día 8 de Abril nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva o IIº Trofeo Escola de Marcha atlética da Deputación de Pontevedra, coa colaboración da Delegación da FGA en Pontevedra e a Escola de Marcha da Deputación de Pontevedra. As inscricións realizaránse a través do sistema online na web da RFEA ata ás 20:00h do martes dia 3 de Abril.
![](https://clubourenseatletismo.es/blog/wp-content/uploads/2018/03/Campionato-de-Galicia-de-Milla-en-Ruta-e-1-Km.-en-Ruta-20172018-1.jpg)
![](https://clubourenseatletismo.es/blog/wp-content/uploads/2018/03/cartel-59ddd996384209.45060478.jpg)
Sorry, the comment form is closed at this time.