19 Mar Próximas citas.
O Club Deportivo Aurum coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo e a Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e o patrocinio do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, organiza o VII Trofeo Club Deportivo Aurum, que se celebrará o sábado 24 de marzo en xornada de tarde, na Pista de Atletismo do Campus Universitario de Ourense.
As inscricións realizaranse na intranet da RFEA ata as 20:00 h. do martes 20 de marzo. Os/as atletas deberán aportar a súa mellor marca para ser encadrados/as nas series.
Todos/as os/as participantes deberán acreditarse na Cámara de Chamadas mediante a súa licenza federativa ou documento oficial con fotografía.
![](https://clubourenseatletismo.es/blog/wp-content/uploads/2017/05/ESCUDO-AVA2.gif)
Sorry, the comment form is closed at this time.