02 Ene Competicions Atleticas desta Fin de Semana.
![](https://clubourenseatletismo.es/blog/wp-content/uploads/2018/01/Copa-de-Clubs-de-Pista-Cuberta-20172018.bmp)
Outra das opcións pode ser a que organiza a Agrupación Viguesa de Atletismo, co patrocinio da Concelleria de Deportes do Concello de Vigo, organiza o Terceiro Circuito Concello de Vigo de Atletismo en Pista – Series Municipais, a desenrrolarse nas pistas do Estadio Municipal de Atletismo de Balaidos, ó longo de seis xornadas desenvolvidas na tempada 2017/2018. Tratarase de dúas xornadas correspondentes a tempada de inverno, con probas do programa de pista cuberta e tres xornadas con probas do programa de aire libre, con datas a determinar, en función do calendario oficial de probas da Federación. As inscripcións realizaranse a través do sistema on-line na web da RFEA ata as 20:00 horas do xoves 4 de Xaneiro. Son probas nesta primeira xornada para as categorías sub-16 en adiante.
Sorry, the comment form is closed at this time.