CATRO MEDALLAS NO GALEGO SUB20

CATRO MEDALLAS NO GALEGO SUB20

Catro medallas de seis participacións no Campionato Xunta de Galicia Sub20 celebrado en Santiago de Compostela. Fantástico o resultado do Club Ourense Atletismo nun campionato que deixa boas expectativas cara o Campionato de España sub20 que se celebrará en Soria os días 22 e 23 de xullo.

As medallas de ouro foron logradas por Hugo FernándezBlanca Pereira no lanzamento de martelo con 49.31 e 53.12 metros respectivamente. Mateo González obtivo a única medalla de prata nos 100 metros cun rexistro de 11.20, mesma proba na que África Gómez logrou o bronce con 12.85.

As outras participacións foron a de Iago Saco nos 400 con 53.63 e a de Sofía Campos tamén nos 400 con 1:08.74, quen tamén participou nos 800 quedando 9ª con 2:42.55

ROCÍO SERRANO FOI 4ª NO CAMPIONATO ANDALUZ ABSOLUTO

Dúas das nosas atletas andaluzas que reforzan o noso equipo feminino quedaron na cuarta posición no Campionato Absoluto de AndalucíaRocío Serrano, quedou 4ª nos 400 valos cun rexistro de 1:03.90 e Eli Zambrano foi 4ª na súa semifinal dos 200 metros facendo mellor marca persoal con 26.29.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB20

Campeonato de Andalucía Absoluto Aire Libre

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.