O Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia informa que a partir do luns día 13 de setembro do 2021 as reservas para uso das Pistas Josefina Salgado no Complexo Polideportivo de Monterrei, por parte dos deportisas federados, realizaranse dende a páxina web www.complexodeportivomonterrei.es.
A utilidade non estará operativa ata o propio luns día 13 de setembro do 2021.
Deberase aceder ó apartado RESERVAS
Actividade: Atletismo
Instalación: Pista de Atletismo
Deportista Federado
As reservas poderán realizarse de forma individual ou colectiva e terán un límite de 20 deportistas (por exemplo 1 entrenador e 19 atletas). Dacordo a normativa de uso os deportistas federados, menores de idade, deberán estar acompañados sempre por un monitor/entrenador responsable, que será o encargado de facer a reserva.
As reservas poderán realizarse ata con 3 días de antelación a data de uso.
A reserva deberá incluir un correo electrónico no que se recibirá a confirmación da mesma.
Para resolver calquera dúbida chamar ó 988386046 (Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense) ou 988259300 – 629576393 (Complexo Deportivo de Monterrei).